Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 4 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente Secretaría 48/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente contra ela instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación desta resolución, de acordo cos artigos 114 e 117 da devandita

Lei 30/1992, dispón dun prazo de un mes para presentar recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente: Secretaría 48/1998.

Denunciado: Distribución Ventas de Hostelería, S.L.

DNI/NIF: B 15.538.036.

Razón Social:

Último domicilio coñecido: r/ Piñeiro, 46, Vilares, San Pedro de Nós (Oleiros).

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 75.000 ptas.

A Coruña, 4 de agosto de 1998.

Diego Bernal Llorente

Delegado provincial da Coruña

6036