Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. desviación Santa Baia.
Situación: A Cañiza.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 20 kV, de 140 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 35 da L.M.T. Frieira-A Cañiza rematando no C.T. existente de Santa Baia, concello da Cañiza.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 27 de xullo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
7728