Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 01 de setembro de 1998 Páx. 9.885

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de analistas de informática no cadro de persoal laboral desta universidade.

Aprobada por Resolución do 10 de agosto de 1995 a oferta de emprego público de persoal de Administración e servicios da Universidade da Coruña, e fixadas pola xunta de goberno as bases do temario, unha vez negociadas cos representantes dos traballadores segundo establece o artigo 111.3º dos estatutos,

Este rectorado, no uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, en relación co artigo 3.2º e) da mesma norma, así coma nos estatutos desta universidade, aprobados por decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), e co obxecto de atende-las necesidades de analistas de informática,

RESOLVE:

Primeiro.-Convocar probas selectivas para cubrir 6 prazas de analistas de informática da Universidade da Coruña, distribuídas do seguinte xeito:

A) 2 analistas para realizar tarefas de xestións e aplicacións e 3 analistas para realizar tarefas de xestión de sistemas e comunicacións e mantemento de redes.

B) 1 analista de apoio á investigación.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Solicitudes.

1.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo na instancia segundo modelo que figura no anexo IV, debendo sinalar no apartado nº 17 dela por cal dos seus apartados (A ou B) se presenta, sendo posible matricularse nos dous. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, acreditándose ademais o pagamento dos dereitos de exame na forma prevista no punto 1.2.

As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no rexistro xeral da Universidade da Coruña (edificio do rectorado, Rúa da Maestranza, s/n, CP 15001) e Ferrol (Vicerrectorado do Campus, Doutor Vázquez Cabrera, s/n, CP 15001), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

1.2. Os dereitos de exame serán de 10.022 pesetas, que se ingresarán, directamente ou mediante transferencia, en calquera das oficinas da Caixa Postal, na conta corrente número 1302-1700-42-0017957982, «Probas selectivas para analistas de informática», ó nome da Universidade da Coruña. A solicitude deberá ir acompañada do xustificante acreditativo do ingreso, a falta do cal determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso o pagamento suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude perante o órgano expresado no punto 1.1.

1.3. Os aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberán acreditalos mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou copias compulsadas. Os servicios prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante certificación expedida pola Xerencia da Universidade. A documentación acreditativa dos méritos estará referida á data de publicación no DOG da presente convocatoria e deberá incorporarse á solicitude.

1.4. Os aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán indicalo no recadro número 14 da solicitude e solicitar, se é o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria, expresándoo no recadro número 15.

1.5. Os aspirantes quedan vinculados ós datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo unicamente demanda-la súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1 para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada polo tribunal.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para seren admitidos á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir e mante-los seguintes requisitos:

a) Ser español. Non obstante, poderán participar en idénticas condicións que os españois os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, logo de acreditación da súa nacionalidade.

b) Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non exceder dos sesenta e cinco.

c) Estar en posesión dunha titulación superior de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro, ou en condicións de obtela na data que remate o prazo de presentación das solicitudes. No caso do apartado B) do punto primeiro é necesario estar en posesión do título de enxeñeiro en informática, e acredita-lo dominio de idiomas a través de documentación suficiente, de xeito que, de non reunir tal carácter a documentación presentada, a xuízo do tribunal, o instante deberá someterse a unha proba específica de carácter práctico acreditativa do coñecemento requirido.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas por sentencia firme.

2.2. Tódolos requisitos deberán posuírse no momento de remata-lo prazo de presentación das solicitudes e gozar deles durante o proceso selectivo.

3. Discapacidades.

3.1. Para a realización das probas selectivas o tribunal cualificador establecerá, para as persoas con minusvalidez que o tivesen demandado na solicitude de admisión, as adaptacións posibles de tempos e medios.

3.2. Se no desenvolvemento do proceso selectivo se suscitaran dúbidas ó tribunal respecto á capacidade dos aspirantes con algunha discapacidade para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos traballadores da categoría de analista de informática, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente da Comunidade Autónoma.

4. Listas de admitidos e excluídos.

4.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días naturais, o rector da universidades dictará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, declarando aprobadas as listas de aspirantes admitidos e excluídos, que serán feitas públicas no taboleiro de anuncios do rectorado da universidade e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, con mención expresa do nome, apelidos e documento nacional de identidade e, se é o caso, as causas de exclusión.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación da referida resolución, para corrixi-lo defecto que motivase a exclusión. Transcorrido o devandito prazo, o rector dictará resolución declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, contra a que os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.

4.2. O feito de figurar na lista de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 9.1 desta convocatoria.

5. Sistema selectivo.

5.1. O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I.

5.2. O programa das probas da fase de oposición é o que figura como anexo II.

6. Tribunal cualificador.

6.1. O tribunal cualificador é o que figura como anexo III da presente convocatoria.

6.2. O tribunal na súa constitución, composición e funcionamento aterase ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

6.3. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas no número que considere necesario.

6.4. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

7. Calendario das probas.

7.1. O lugar e data de comezo dos exercicios será feito público na resolución que aprobe as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos.

7.2. A duración máxima das probas selectivas será dun ano desde a data de publicación da presente convocatoria.

7.3. A orde de actuación dos aspirantes será a que determine a Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma para o ano en que se realice a proba.

8. Lista de aprobados.

8.1. O tribunal fará pública a valoración dos méritos da fase de concurso unha vez realizado o último exercicio da fase de oposición.

8.2. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública no Rectorado da Coruña, no Vicerrectorado do Campus de Ferrol, e no lugar ou lugares de celebración do exercicio, así como naqueles outros que estime oportuno, a puntuación obtida polos aspirantes, así como, de se-lo caso, a de cada unha das probas que o compoñan.

Posteriormente, o tribunal fará pública, neses mesmos lugares, as relacións dos aspirantes que superaron as probas selectivas (unha por cada un dos dous apartados), constituídas por aqueles opositores que, en número non superior ó das prazas convocadas en cada apartado e tendo acadado a puntuación mínima esixida para supera-los exercicios da fase de oposición, obtiveran a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo I, e con indicación expresa da obtida por cada un deles. Estas listas serán confeccionadas segundo a orde de puntuación final acadada por cada aspirante e en ningún caso poderá conter un número de candidatos superior ó das prazas convocadas en cada apartado. Os opositores que non se encontren incluídos nestas relacións terán a consideración de non ter aprobado as probas selectivas, único extremo acerca do que o tribunal poderá certificar.

8.3. O tribunal remitirá ó rector as relacións definitivas dos aspirantes aprobados pola orde desta puntuación final por cada apartado, con proposta

de que se formalicen con eles os correspondentes contratos de traballo.

9. Presentación de documentos e formalización dos contratos.

9.1. No prazo de 20 días naturais a partir do día seguinte ó que se fixesen públicas as relacións definitivas de aprobados nas probas selectivas, estes deberán presentar no Servicio de Persoal da Universidade da Coruña (Rúa da Maestranza, s/n) os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI ou documento acreditativo equivalente de ser nacional dun estado membro da Unión Europea.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para acceder ás probas.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea deberán acreditar estes requisitos nos termos previstos na Lei 17/1993, do 23 de decembro.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que imposibilite para o servicio.

9.2. Cumpridos debidamente polos aspirantes que superaron as probas selectivas os trámites de presentación de documentos, serán contratados como analistas de informática da Universidade da Coruña.

9.3. A adxudicación de postos de traballo en cada un dos dous apartados efectuarase de acordo coas peticións dos interesados entre os postos ofertados, segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo dentro de cada apartado.

9.4. O período de proba será de seis meses, durante o que o traballador terá os dereitos e obrigacións correspondentes ó posto de traballo que desempeñe, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse a instancia de calquera das partes durante o seu transcurso. Este período de proba non será aplicable ós aspirantes que con anterioridade teñan desempeñado funcións de analistas de informática na Universidade da Coruña.

Segundo.-As presentes probas selectivas axustaranse ó disposto no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ós estatutos desta universidade, aprobados por Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro, (DOG do 17 de setembro), e ás bases desta convocatoria.

Terceiro.-A presente convocatoria, as súas bases, e cantos actos administrativos se deriven delas poderán ser impugnados ante a xurisdicción do contencioso-administrativo nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27).

Así mesmo, os interesados poderán interponer recurso ordinario contra os actos do tribunal cualificador das probas ante o rector da Universidade da Coruña, nos termos previstos no artigo 114 e concordantes da mencionada lei.

A Coruña, 20 de xullo de 1998.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

ANALISTAS DE INFORMÁTICA

Procedemento de selección

Fase de oposición.

A) Exercicios.

A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios, todos eles obrigatorios.

Primeiro exercicio: consistirá en contestar un cuestionario de, alomenos, 60 preguntas con respostas múltiples, entre as que só unha será correcta, baseado no contido que para este exercicio se fixa no programa que figura na parte xeral (módulos I e II).

Os aspirantes terán un prazo de alomenos setenta e cinco minutos para a realización do exercicio e a súa valoración será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter 2,5 puntos para ter acceso ó exercicio seguinte.

Segundo exercicio (a realizar separadamente por cada un dos dous apartados): consistirá na realización de dous supostos prácticos específicos, elixidos de entre seis propostos polo tribunal relacionados coa parte específica do programa (módulos III, IV ou V segundos os casos).

Os aspirantes terán un prazo de alomenos dúas horas para resolve-los supostos.

A cualificación do exercicio será de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter cinco puntos para ter acceso ó seguinte exercicio.

Terceiro exercicio: consistirá na traducción, sen diccionario, de dous textos propostos polo tribunal, un do galego para o español e outro do español para o galego e a súa valoración será de 0 a 10 puntos. Este exercicio non terá carácter eliminatorio.

B) Valoración da fase de oposición.

A cualificación final da fase de oposición obterase da seguinte forma:

(0,3xnota 1º Exerc.+0,6xnota 2º Exerc.+0,1xnota 3º Exerc.)x6 polo que terá un valor máximo de 60 puntos.

Fase de concurso.

Nesta fase valóranse, ata un máximo de 40 puntos, os seguintes méritos:

a) Os servicios prestados na Universidade da Coruña, como persoal contratado laboral non permanente na categoría de analista, a razón de 0,55 puntos

por cada mes completo ou fracción, ata un máximo de 30 puntos.

b) Cursos impartidos por organismos públicos ou empresas de prestixio recoñecido relacionados como temas do programa específico, ata un máximo de 10 puntos.

-Cursos de máis de vinte horas: 2 puntos.

-Cursos de entre dez e vinte horas: 1 punto.

Sistema de puntuación.

A cualificación final das probas, que como máximo será de 100 puntos, virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de oposición e concurso. En caso de empate dentro de cada apartado, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida na fase de concurso; se isto non fora suficiente á maior puntuación obtida no segundo exercicio; se isto non fora suficiente no primeiro exercicio. Se persistise o empate, este dirimiríase pola orde alfabética do primeiro apelido dos aspirantes empatados, iniciándose a antedita orde pola letra á que se refire a base 7.3 da presente convocatoria.

ANEXO II

Programa das probas

Módulo I. Lexislación universitaria e informática.

1. A Universidade da Coruña. Estructura. Órganos de Goberno.

Centros, departamentos, institutos, servicios. Rector, vicerrectores, secretario xeral, xerente, decanos, directores, outros órganos unipersoais. Órganos colexiados: Consello Social, Claustro, Xunta de Goberno, xuntas de centro, consellos de departamento e institutos...

2. O persoal docente e investigador.

Clases e réxime xurídico do profesorado universitario.

3. O persoal de Administración e servicios.

Clases e réxime xurídico do persoal de administración e servicios.

4. O estudio e a investigación na Universidade da Coruña.

Estudios de 1º e 2º ciclo. Estudios de doutoramento e posgrao. A organización da investigación. Contratos, convenios e cursos de especialización.

5. Informática e lexislación.

Dereito á intimidade. Lei orgánica de regulación do tratamento automatizado de datos (LORTAD). Disposicións, principios e dereitos. A axencia de protección de datos. A protección xurídica do software.

Módulos II. Fundamentos.

1. Estructura da información.

Sistemas de numeración. Sistemas de codificación. Estructura de datos. Representacións redundantes: corrección de erros. Compactación da información.

2. Arquitectura de ordenadores.

Concepto de computador, computadores dixitais. Unidade central de proceso.

3. Sistemas de entrada/saída.

Periféricos, terminais, impresoras, outros periféricos. Comunicación entre a UCP e os periféricos. Control dos periféricos. Prioridades. Interrupcións.

4. Linguaxes e contornos.

Concepto e evoluación histórica. Xeracións das linguaxes de programación. Análise comparativa das linguaxes máis difundidas. Linguaxe C. Linguaxes de cuarta xeración.

5. Sistemas operativos.

Concepto de sistema operativo. Estructura. Tipos de sistemas operativos. Deseños e implementación de sistemas operativos. Xestión de procesos polo sistema operativo. Xestión de memoria. Xestión do sistema de arquivos. Xestión do sistema de entrada/saída. Multiprocesadores e sistemas distribuídos.

6. Os sistemas operativos Unix e Windows.

Evolución histórica. Características principais: deseño principal, interface do programador, interface do usuario, manexo de procesos, sistemas de ficheiros; sistema da comunicación entre procesos.

7. Bases de datos.

Concepto. Deseño. Integridade, seguridade, independencia e control de redundancia. Tipos de bases de datos. Modelo conceptual. Modelo relacional. Deseño de base de datos relacionais. Bases de datos orientadas a obxectos.

8. Sistemas xestores de bases de datos.

Sistemas xestores de bases de datos. Evolución histórica. Sistemas xestores de bases de datos relacionais. Características fundamentais. Control de concorrencia. Xestión transaccional. Recuperación. Xestores activos.

9. Transmisión de datos.

Concepto de transmisión de datos. Tipos de transmisión. Módems. Multiplexores. Equipos terminais.

10. Tipos de redes.

Tipos de redes. Clasificación por topoloxía. Clasificación por tecnoloxía. Conmutación de circuítos. Conmutación de mensaxes. Conmutación de paquetes.

11. Sistemas abertos.

O modelo de sistemas abertos. Conceptos básicos. Funcións dos distintos niveis.

12. Redes locais.

Integración de sistemas heteroxéneos. O modelo Ethernet. Protocolo TCP-IP. Tendencias futuras.

13. Enxeñería de software.

Fundamentos de deseño do software. Métodos de análises de requirimentos. Deseño orientado a obxectos. Deseño en tempo real. Estratexias de proba.

14. Compiladores.

Definición. Fases dun compilador. Análise do programa fonte.

15. Sistemas dixitais.

Procedemento dixital da información. Funcións combinacionais e secuenciais. Variables e operadores lóxicos: álxebra de Boole. Funcións lóxicas: formas canónicas. Unidades aritmético-lóxicas (ALU'S). Temporizadores e reloxos. Memorias de acceso secuencial. Memorias de acceso aleatorio.

16. As funcións informáticas. Planificación.

As funcións informáticas: dirección, explotación, desenvolvemento e sistemas. Planificación e control de recursos humanos e técnicos.

Parte específica.

Módulo III. Xestión.

1. A planificación informática.

A planificación informática. Esquema xeral dun plano informático. Metodoloxías de planificación informática.

2. Teoría de sistemas de información.

Concepto básico. Elementos dos sistemas de información. Obxectivos dos sistemas de información. Técnicas de deseño descendentes. Métodos de modelización de procesos. Método de modelización de datos.

3. Proxecto informático.

O proxecto informático, ciclo de vida. Fases de execución. Documentación. Técnicas de planificación, seguimento e control.

4. Auditoría informática.

A auditoría interna e externa. Auditoría de sistemas e de procedementos. Indicadores de rendibilidade.

5. Metodoloxías de construcción de sistemas de información.

Modelización de sistemas de información. Métodos de modelización de procesos. Métodos de modelización de datos. Principais metodoloxías de desenvolvemento: SSADM, Métrica, Métrica 2.

6. Metodoloxía da programación.

Leis de construcción de programas. A programación estructurada. Programación orientada a obxectos. Modelado de aplicacións. Ferramenta RAD e linguaxes de programación. Prototipaxe de aplicacións.

7. Programación cliente-servidor.

Programación cliente/servidor. Modelos. Características e deseño.

8. Explotación e mantemento de sistemas de información.

Xestión da configuración do software. Ferramentas de apoio. Tendencias da enxeñería do software. Enxeñería inversa e reinxeñería.

9. Xestores de bases de datos: Informix, Oracle, SQL-Server. Informix, Oracle, SQL-Server: Admi

nistración e explotación, ferramentas de desenvolvemento, procedementos almacenados, monitorización, mecanismos de optimización, paralelización, seguridade, privilexios e roles, distribución de datos.

10. A calidade e garantía no proceso de producción de software.

Calidade en enxeñería do software. Niveis de calidade. Sistemas de calidade. Modelos de avaliación. Métricas do software.

11. A informática de xestión na Universidade da Coruña.

Aplicacións informáticas de xestión académica, xestión económica, xestión de persoal, xestión de biblioteca.

12. Servicios dispoñibles nas redes informáticas.

Sistemas de información en rede. Correo electrónico. Sistema X-Windons. Conectividade dun ordenador persoal. Aplicacións básicas de Internet.

13. Hipertexto e hipermedia.

Hipertexto e hipermedia. HTML: elementos básicos, extensións en navegadores. JAVA. DHTML. Multimedia, conceptos xerais. Aplicacións Intranet.

14. Seguridade informática.

Seguridade informática. Medidas de seguridade en contornos conectados a Internet. Autentificación. Encriptación. Gardalumes.

Módulo IV. Sistemas e redes.

1. Tipos de sistemas informáticos.

Grandes ordenadores. Miniordenadores; estacións de traballo e ordenadores persoais.

2. Ocupación e mantemento de equipos.

Política de mantemento de equipo hardware. Mantemento da estructura física dun centro de proceso de datos. Requirimentos. Equipos eléctricos. Estatísticas de ocupación. Custos.

3. Sistemas operativo Unix (HPUX-Solaris) e Open-VMS.

Sistema operativo Unix (HPUX-Solaris) e Open-VMS: administración. Configuración. Monitorización.

4. Sistemas operativos Windows-NT e Netware.

Sistemas operativos Windows-NT e Netware. Características. Configuración e mantemento hardware. Instalación e configuración de protocolos de rede.

5. Arquitectura cliente/servidor.

Arquitectura cliente/servidor. Servicios de valor engadido.

6. Sistemas de xestión de bases de datos.

Informix: administración. Configuración cliente/servidor. Seguridade.

Oracle: administración. Configuración cliente/servidor. Seguridade.

7. Integración de sistemas en rede.

Integración de sistemas en rede. NFS. NIS. DNS.

8. Servicios de rede.

Transferencias de ficheiros, acceso remoto, transmisión de datos hipertexto e hipermedia. Correo electrónico.

9. Elementos de rede.

Tipos de cableado: características. Elementos activos: routers, bridges, conmutadores.

10. Xestión de redes.

Monitorización de redes. SNMP, CMIP, RPC, RMON.

11. Protocolo de comunicación TCP/IP.

Protocolo de comunicación TCP/IP. Niveis e tendencias.

12. Redes.

Redes RTC. RDSI. Ethernet. FDDI. Frame Relay e ATM. A rede da Universidade da Coruña: estructura, organización e servicios ofrecidos.

13. Linguaxes de programación.

Fortram, C, C++, Visual Basic, Pascal.

14. Paqueterías e librerías científicas.

Paquetes de programas. Librerías científicas.

15. Seguridade física e lóxica.

Seguridade física e lóxica. Planificación de seguridade. Conceptos e ferramentas. Fire Walls.

Módulo V. Apoio á investigación.

1. Redes.

Protocolos de redes. Configuración de routers, pontes. Monitorización de redes.

2. Redes científicas nacionais e internacionais.

Estructura, organización e funcionamento das redes científicas nacionais e internacionais.

3. A rede Internet.

Rede Internet. Estructura e organización. Dominios. Conexión física. Estructura, organización e servicios.

4. Servicios dispoñibles para a investigación nas redes informáticas.

Aplicacións básicas de Internet: Telnet, FTP, r-login, RSH... administración e uso de terminais X Gopher. WWW.

5. Software para compartir recursos.

Servidores de nome. NFS.NIS. Servidores de impresión. Servicios de busca: Archie, wais...

6. Sistemas operativos Unix, MS-DOS e Windows-NT.

Sistemas operativos Unix, MS-DOS e Windows-NT: instalación, configuración e administración. Integración en rede.

7. Mensaxería electrónica.

Mensaxería electrónica. Administración e configuración. SMTP, PPP (IPCP), POP, SLIP, X400,

MIME. Sendmail: configuración, regras, macros. Servicio de directorio X 500. Usenet news.

8. Introducción ós protocolos das redes públicas de datos.

Redes públicas de datos: X25, RDSI, Frame relay, RTC, circuítos T1/E1. ATM.

9. Protocolos de comunicación a través de módems.

Módems. Configuración e control de módems. Estandars e prototipos.

10. Análise de aplicacións en arquitecturas vectoriais.

Arquitectura. Aplicacións de análises. Compiladores vectoriais.

11. Domain Name Server.

Esquema de funcionamento. Ficheiros de configuración. Mantemento.

12. Dispositivos de almacenamento.

Lectura e escritura en dispositivos de almacenamento: cinta, Cd-Rom, vídeo.

13. Linguaxes de programación.

CVP Fortram, C, C++, Visual Basic, 77-VP, Pascal.

14. Paquetes e librerías científicas.

Paquetes de programas. Librerías científicas.

15. Seguridade informática.

Medidas de seguridade en contornos conectados a Internet. Control de acceso. Seguridade informática. Autentificación. Encriptación. Gardalumes. Seguridade en servidores baseados en TCP/IP.

ANEXO III

Tribunal cualificador

Titulares:

Presidente: José Luis Meilán Gil, rector da Universidade da Coruña.

Vocais:

Alejandro Pazos Sierra, profesor titular da Universidade da Coruña.

Rafael García Vázquez, profesor titular da Universidade da Coruña.

Enrique Pena Pérez, representante dos traballadores.

José Manuel Portela Fernández, representante dos traballadores.

Suplentes:

Presidenta: Rosa Mª Fernández Esteller, vicerrectora de Ordenación e Planificación Académica da Universidade da Coruña.

Vocais:

Bernardino Arcay Varela, profesor titular da Universidade da Coruña.

Juan Ares Casal, profesor titular da Universidade da Coruña.

Antonio Ventura Novás, representante dos traballadores.

5885