Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso con procedemento aberto das obras que se citan (clave OH.315.435 e catro máis).

A) Obra.

1. Colector do Milladoiro. (Santiago-A Coruña).

Clave: OH.315.435.

Orzamento: cincuenta e sete millóns cento sesenta e cinco mil cincocentas once pesetas (57.165.511).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Saneamento e abastecemento integral en Outes-Sector I. (Outes-A Coruña).

Clave: OH.515.438.

Orzamento: douscentos vinteseis millóns dezasete mil duascentas sesenta e nove pesetas (226.017.269).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento e saneamento en núcleos do concello de Maceda. (Maceda-Ourense).

Clave: OH.532.325.

Orzamento: setenta millóns seiscentas unha mil novecentas dezaoito pesetas (70.601.918).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Saneamento e abastecemento na parroquia de Bóveda-terminación (Amoeiro-Ourense).

Clave: OH.532.337.

Orzamento: oitenta e cinco millóns setecentas cincuenta mil pesetas (85.750.000).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Substitución e ampliación da rede de pluviais na PO-410, travesía Vendanova-Salceda de Caselas. (Salceda de Caselas-Pontevedra).

Clave: OH.336.394.

Orzamento: corenta e oito millóns setecentas setenta e dúas mil novecentas vinte pesetas (48.772.920).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artigo 77 da Lei 66/1997), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día nove (9) de outubro de 1998.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día dezanove (19) de outubro de 1998.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de agosto 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

7992