Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/1996).

Declarada de urxente ocupación polo Decreto 19/1998, do 5 de xuño, (Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo de 1998), a prol da entidade Unión

Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Avda. de Arteixo, 171 A Coruña, a execución das instalacións eléctricas que maís abaixo se describen para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 de seu Regulamento do 26 de abril de 1957, faise saber ós interesados propostos como titulares dos

predios que se conteñen nas relacións anexas, que o representate e o perito da Administración se constituirán o día 24 de setembro de 1998 nos predios para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa do Concello de Brión as actas previas á ocupación, nas que se describen os bens e os dereitos, afectados por expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expediente número 1/1996.

Liña eléctrica a 25/20 kV de 11.687 m de lonxitude, desde a liña subterránea ó centro de transformación edificio Ponteceso á liña Carballo-Malpica e derivacións, Ponteceso.

A partir das 11 horas, predios números 1, 3, 4, 12.

A partir das 11.30 horas, predios números 47, 82, 83, 94, 112 e 113.

A partir das 12.15 horas, predios números 114, 116, 120, 121, 132, 199 e 200.

Advírtese ós interesados, ós que lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto por si ou persoas que os representen, e, se así o consideran oportuno, cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións pro escrito ata o citado levatamento unicamente para os efectos de emendar posibles erros das relacións.

A Coruña, 28 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 1/96 Provincia: A Coruña.

L.M.T. Ponteceso-Malpica e derivadasTermo municipal: Ponteceso.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1XuncalLabradíoHros. Dolores Domínguez Tehodo

RTA/Alejo Blanco Domínguez

Traba, Tella, 15110 Ponteceso40400

3XuncalLabradíoLuis Cancela Poser/ Cerezo 10, 15110 Ponteceso12120

4XuncalLabradíoRosalía Parga AlborjaAduana 2, 15110 Ponteceso18180

12XuncalLabradíoCarmen Varela MoreiraA Bouza 22, 15110 Ponteceso1/2 nº21420

47Castro de LesteMonte altoJosé Mato AmadoRequián, 15319 Betanzos18144

82A FonteíñaMonte altoMercedes Cotelo FigueroaTell, Bar O Farolo, 15110 Ponteceso770

83A FonteíñaMonte altoManuel Suárez AnidoLestemoño 45, 15110 Ponteceso1963136

94As CovasMonte altoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño 20, 15110 Ponteceso14, 1521322112

112As MoreirasLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño 20, 15110 Ponteceso18210140

113Agra do MuíñoLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño 20, 15110 Ponteceso28392

114Agra do MuíñoLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño 20, 15110 Ponteceso50700

116Agra do CastroLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño 20, 15110 Ponteceso74740

120Agra do CastroLabradíoAlberto Gontad VillarO Castro, Nemeño 20, 15110 Ponteceso32320

121Agra do CastroLabradíoEduardo Romay NovoPazos 12, 15110 Ponteceso10100

132Agra do CastroLabradíoErnesto Castro Soutor/ Agra do Orzán 1-5ºD, 15010 A Coruña2021470

199CoresLabradíoEvaristo Álvarez CarrilCores 23, 15110 Ponteceso292440

200CoresLabradíoCarmen Villar BaneiraCarrio 8, 15165 Bergondo16224

7671