Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 31 de agosto de 1998 Páx. 9.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/161-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Constela.

Situación: Agolada.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea forrada a 15/20 kV, de 104 m de lonxitude, con conductor tipo PASS 50/50, sobre apoios de formigón, desde un apoio entre a derivación C.T. Bais e C.T. Outeiro da L.M.T. por 701, rematando no C.T. que se proxecta en Constela, concello de Agolada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV/380/220 V. R.B.T., aérea, de 469 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 7 de xullo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7502