Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 28 de agosto de 1998 Páx. 9.792

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que ha resolve-lo concurso para a praza de profesorado desta universidade 61/1997 convocada por Resolución do 29 de xullo de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 29 de xullo de 1997 (BOE do 27 de agosto) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Vigo, 4 de agosto de 1998.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 61/1997.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: debuxo.

Comisión titular:

Presidente: Juan José Gómez Molina, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Juan Miguel Millares Alonso, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocais:

Pedro Ramón Martínez Sierra, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

José María Elexpuru Soloaga, profesor titular de universidade. Universidade do País Vasco.

M. Carmen Chinchilla Mata, profesora titular de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: José Roselló Valle, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretaria: Araceli Mercedes Liste Fernández, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Francisco Crespo Giménez, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Gabriel Songel González, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Eduardo Martínez Bonati, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

7727