Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do 30 de xullo de 1998, aprobou o prego de cláusulas adminis

trativas particulares que rexen a contratación, mediante concurso, polo procedemento aberto, do Servicio de Atención e Mantemento do Edificio Multiusos Carmen Estévez, en Vilalba.

O citado prego estará exposto ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións con el.

Ó mesmo tempo o concello anuncia a licitación do citado servicio, a cal quedará aprazada, se houbese reclamacións contra o prego, ata a súa resolución:

Servicio de Atención e Mantemento do Edificio Multiusos Carmen Estévez.

1. Entidade adxudicataria:

a) Concello de Vilalba; b) Dependencias nas que se tramita o expediente: oficinas municipais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: Servicio de Atención e Mantemento do Edificio Multiusos Carmen Estévez; b) Lugar de execución: termo municipal de Vilalba; c) Orzamento da licitación: 4.000.000 de pesetas, IVE incluído.

3. a) Procedemento: aberto; b) Forma: concurso.

4. Garantías: provisoria: 80.000; definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Vilalba (Lugo); b) Domicilio: praza da Constitución nº 1; c) Localidade e código postal: Vilalba 27800; d) Teléfono: 982 51 07 61; e) Fax: 982 51 18 15; f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día vixésimo sexto posterior á data da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG; g) Criterios que servirán de base para a adxudicación: * Presentación dun plan sobre as condicións de prestación do servicio obxecto do contrato; * Mellor prezo; * Acreditar coñecementos sobre o servicio que é obxecto deste concurso.

6. Gastos dos anuncios: o pagamento do importe dos anuncios correrán por conta do adxudicatario.

7. Presentación de proposicións e documentación: as proposicións presentaranse en man no rexistro do concello, dentro dos vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, en horario de 10 a 14 horas, en sobres pechados e asinados de acordo coa base décimo cuarta do prego; a documentación que hai que achegar é a esixida na dita cláusula.

8. Apertura de plicas: a) Lugar: concello; b) Data: terceiro día hábil posterior contado desde a data de remate do prazo de presentación de plicas sempre que non coincida en sábado; en tal caso, abriríase o primeiro día hábil seguinte; c) Hora: trece horas.

Modelo de proposición económica:

Don/Dona... profesión... domicilio en... con NIF o CIF número..., en nome propio, ou en representación de..., conforme acredito con poder bastante, informado/a do concurso tramitado polo Concello de Vilalba, para a adxudicación mediante procedemento aberto, do Servicio de Atención e Mantemento do Edificio Multiusos Carmen Estévez, comprométome a presta-lo servicio de acordo co prego de condicións económico-administrativas, por un prezo de... (letra e número), IVE incluído.

Lugar, data e sinatura do licitador.

Rubricado

7929