Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 23 de xullo de 1998, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de cambio de denominación das salas de reunión, por locais de ocio e a súa regulación.

Exponse o expediente á información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que durante este período poida ser examinado e presentarse as alegacións que procedan.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

O que se fai público para os efectos legais.

Sanxenxo, 29 de xullo de 1998.

José Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

7579