Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Meira.

2. Obxecto dos contratos:

a) Proxecto de:

-Pavimentación e servicios de iluminación nos accesos á vila de Meira.

-Pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Leiras e Espido.

-Luz pública no centro urbano do concello de Meira.

b) Lugar de execución: Meira.

c) Prazo de execución: 9 meses os dous primeiros proxectos e 6 meses o último.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación: 4.936.000, 7.549.244 e 9.646.870 pesetas, respectivamente.

5. Garantías:

Provisional: 98.720, 150.985 e 192.937 pesetas, respectivamente. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 197.440, 301.970 e 385.875 pesetas, respectivamente.

6. Obtención de documentación e información:

Ata a data de remate do prazo de presentación de proposicións, no Concello de Meira, Secretaría, praza do Concello, s/n, código postal 27240, Meira (Lugo), teléfono e fax: 982 33 01 02.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido nas cláusulas 7.1 e 7.2 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en tres sobre cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes, conterá a documentación á que se refiere a cláusula 11.2ª do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas, conterá os documentos reflectidos na cláusula 11.3ª do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Meira, Secretaría, praza do Concello s/n, 27240 Meira.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (melloras de calidade) como cuantitativas (novas Ud. de obra), formulándose de conformidade co previsto na cláusula 11.3ª.d) do prego.

9. Apertura das ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Meira, na praza do Concello, s/n, ás doce horas do quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán con cargo ó adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Meira, 14 de agosto de 1998.

Digno Rego Ameijide

Alcalde en funcións

7496