Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.775

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 18-8-1998, a modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento, para ordenación da unidade ede actuación nº 2; de conformidade co establecido no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, exponse ó publico o expediente polo período dun mes,

contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de que, durante o devandito prazo, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser examinado nas dependencias de secretaría, de 8 a 14 horas en días hábiles (agás sábados, que será de 9.30 a 13 horas).

Bueu, 19 de agosto de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde

7927