Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/139-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Mesego.

Situación: O Carballiño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 50 m de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. proxectada Mesego-Residencia e remate no C.T. proxectado con 400 kVA,

R.T. 20.000/380-220 V de Mesego. R.B.T. aérea do C.T. proxectado de Mesego con 2.295 m, R.B.T. aérea do C.T. existente de Mesego de 110 m, ámbalas dúas en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea do C.T. proxectado de Mesego de 385 m en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de xullo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7205