Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/129-2, 5020 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1996,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Rañoa e Aceas (Sarria).

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 287 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.0007380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 2.075 m de lonxitude sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de xullo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7210