Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 27 de agosto de 1998 Páx. 9.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/124-2, 5010 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Viladime-Cortiñas.

Situación: Sober.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 2.607 m de lonxitude en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. 2 centros de transformación de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 3.720 m de lonxitude en conductor R.Z. 0,6/1 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 22 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7200