Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.748

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ADQUISICIÓN de equipos.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición dos seguintes equipos:

Equipos Nº expediente

Mesa transfer para braquiterapiaCTRL/15/98

Lámpara cirúrxicaCTRL/16/98

Portátil de raios XCTRL/17/98

Sistema de braquiterapiaCTRL/18/98

Resonancia magnética de 1,5 TeslasCTRL/19/98

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza de Europa 5A-6B Área Central As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no teléfono 981 57 76 50, fax 981 57 78 43.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1998.

Carlos Crespo Sabarís

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.