Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de encadernación de 3.000 exemplares de cada un dos tomos III, IV e V do libro Arquitecturas da Provincia da Coruña. (Expediente 98/6591 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de encadernación de 3.000 exemplares de cada un dos tomos III, IV e V do libro Arquitecturas da Provincia da Coruña.

Lugar de entrega: deputación provincial.

Prazo de execución: dez días desde a entrega do material pola imprenta provincial.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 4.258.080 pesetas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 170.323 pesetas.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 19 de agosto de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Hipólito Blanco Malvárez

Secretario Acctal. da Deputación Provincial da Coruña

7910