Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada nos expedientes sancionadores de montes 97/049MV e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procede

mentos sancionadores por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e ó seu Regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións estimen pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para tramite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no Edificio Administrativo de Servicios Múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do expediente.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 3 de agosto de 1998.

P.A.

Ana María Díaz López

Instructora

ANEXO

Expediente: 97/049MV.

Denunciado: Airtel.

Último enderezo coñecido: r/ Juana de Vega, 10, A Coruña.

Feito denunciado: ocupación dunha superficie para colocar un repetidor.

Tipificación Regulamento montes:

Artigo: 410.

Cualificación: 410 do Regulamento de montes.

Sanción proposta: 186.000 ptas.

Expediente: 98/073MP.

Denunciado: Racionalización e Manufacturas Forestais, S.A.

Último enderezo coñecido: Infesta, s/n, Betanzos.

Feito denunciado: cortar imcumprindo condicións.

Tipificación Regulamento montes:

Artigo: 410.

Cualificación: 432 do Regulamento de montes.

Sanción proposta: 13.180 ptas.

Expediente: 98/077MP.

Denunciado: Racionalización e Manufacturas Forestais, S.A.

Último enderezo coñecido: Infesta, s/n, Betanzos.

Feito denunciado: cortar 200 eucaliptos sen autorización.

Tipificación Regulamento montes:

Artigo: 432.

Cualificación: 432 do Regulamento de montes.

Sanción proposta: 105.230 ptas.

7881