Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 26 de agosto de 1998 Páx. 9.721

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, que modifica a do 13 de agosto de 1998 e amplía o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Por Resolución do 13 de agosto de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública (publicada no DOG nº 162, do 21 de agosto) ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril. Constatada a existencia dalgúns erros no texto da citada resolución, cómpre efectua-las seguintes modificacións:

Primeiro.-Na páxina 9.593, base 6.3, onde di: «Todo isto unha vez que se esgoten ou non poidan utilizarse as listas para o corpo ou escala que figura no anexo I desta convocatoria e que foron elaboradas de acordo co Decreto 252/1996, do 14 de xuño,...»; debe dicir: «Todo isto unha vez que se esgoten ou non poidan utilizarse as listas para o corpo ou escala que figura no anexo I desta convocatoria e que foron elaboradas de acordo co Decreto 252/1992, do 30 de xullo,...».

Segundo.-Na mesma páxina, anexo I, onde di: «Requisitos: carné de conducir (A e B)», debe dicir: «Requisitos: título de capataz forestal e carné de conducir (A-2 e B-1)».

Terceiro.-O prazo de presentación das solicitudes establecido na base 3.2 da convocatoria compútase a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

7906