Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 25 de agosto de 1998 Páx. 9.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete á información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 5016 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e 10 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Energías Especiales de Careón, S.A., na rúa Betanzos, 1-1º Esq. A, 15004 A Coruña.

Finalidade: enlace rede do parque eólico do Careón con subestación do parque.

Características: L.M.T. aérea a 20 kV en conductor LA-180 de 2.660 ml sobre apoios de metálicos (18).

Situación: Serra do Careón-Palas de Rei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, Ronda da Muralla, 70, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 1 de xullo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

7185