Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 25 de agosto de 1998 Páx. 9.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se outorga autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/167-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante:Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T. Pontebora-Almofrei.

Situación: Pontevedra e Cotobade.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 2.436 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón e metálicos, desde a L.M.T. proxectada ata o apoio número 16 da mesma liña, onde entronca coa L.M.T. ó C.T. de Grosa, concellos de Pontevedra e Cotobade.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública a aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 23 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6551