Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 25 de agosto de 1998 Páx. 9.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 23 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/145-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigo 52, 53 e 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sómetese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón 38, Vigo.

Titulo: L.M.T. Sopegal-Outeiro

Situación: Baiona.

Características técnicas:

L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 560 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 1 da L.M.T. actual ós CC.TT. Ladeira e Outeiro, rematando no C.T. existente de Outeiro, concello de Baiona.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966 de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 23 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 98/145. Provincia: Pontevedra.

L.M.T. Sopegal-Outeiro.Termo municipal: Baiona.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Ponte NovaPradoJuan Manuel Rodríguez VidalBastida 7, 36389 Couso, Gondomar6100

1/AFrancoViñaEsther Rodríguez MartínezAvda. Xeneral Franco 7, 36393 Sabarís, Baiona1260

3Ponte NovaLabradíoConcepción Giráldez VidalOuteiro-Sabarís s/n, 36393 Baiona32210

7DevesaPradoConcepción Giráldez VidalOuteiro-Sabarís s/n, 36393 Baiona4268576

7181