Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.667

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 3 de xullo de 1998, da Delegación Especial de Galicia, polo que se cita un contribuínte para ser notificado por comparencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 de Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, a pesar dos dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na C/ Comandante Fontantes, 10 da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Avelino López Camba.

NIF: 33.753.133N.

Procedemento: administrativo de constrinximento (recadatorio).

Órgano de tramitación: dependencia rexional de recadación.

Lugar de comparecencia: Dependencia Rexional de Recadación. Delegación Especial da AEAT en Galicia, c/ Comandante Fontanes, 10, 5ª (A Coruña).

A Coruña, 3 de xullo de 1998.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación

7333