Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.666

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BOLO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello do Bolo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: obras 2/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Obxecto do contrato: pavimentación Celeirós, As Ermidas, Celavente.

b) Lugares de execución: concello do Bolo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 11.600.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 232.000 pesetas.

b) Definitiva: 464.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral.

b) Dirección: rúa César Conty.

c) Localidade e código postal: O Bolo, 32373.

d) Teléfono: 988 32 30 30.

e) Telefax: 988 32 30 30.

f) Data límite para a obtención de documentación e información: ata o 12º día natural seguinte á publicación do presente anuncio no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite: ata o 13º día natural contado a partir da aparición do presente anuncio no BOP e no DOG.

b) Documentación que se presentará: dous sobres pechados.

-Sobre A: referencias segundo pregos.

-Sobre B: conterá a proposición económica segundo modelo.

c) Lugar de presentación de documentación.

-Entidade: Concello do Bolo.

-Dirección: rexistro xeral, rúa César Conty nº 30.

-Localidade e código postal: O Bolo, 32373.

-Provincia: Ourense.

9. Prazo de mantemento obrigatorio da oferta.

O previsto no artigo 84.1º da Lei 13/1995.

10. Apertura de ofertas.

Na casa consistorial ás 9 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se o día fose sábado, o acto trasladarase ó inmediato hábil seguinte.

11. Gastos do expediente.

Por conta do adxudicatario.

12. Modelo de proposición.

Modelo de proposición económica.

D./Dna...con domicilio en..., rúa...e DNI...en nome propio ou en representación da empresa..., con domicilio en..., rúa...C.P...teléfono...e CIF...

Declaro:

1. Que estou informado/a do anuncio publicado no Boletín Oficial de...nº...de data...do contrato da obra que ten por obxecto a poxa aberta e urxente para...

2. Que igualmente coñezo o proxecto, co seu contido, o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación que debe rexe-lo presente contrato, que expresamente asumo e acato na súa totalidade, sen excepción ningunha.

3. Que a empresa que represento cumpre tódolos requisitos e obrigacións esixidas pola normativa vixente para a súa apertura, instalación e funcionamento.

4. Que, en relación coa obra da presente oferta, propoño a súa realización pola cifra total de...(debe expresarse en letra) pesetas,..., prezo no que deben entenderse incluídos tódolos conceptos, incluíndo os impostos, gastos, taxas e arbitrios de calquera esfera fiscal e tamén o IVE e o beneficio industrial do contratista.

5. Que as obras adicionais que realizará ascenden a...pesetas (ver cláusula 2ª do prego de condicións).

En...,...de...de 19..

Asdo.:

Lugar, data e sinatura do propoñente.

6727