Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da execución das obras do proxecto de mellora de pavimento e recollida de augas pluviais no camiño do Caramuxo en Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia. Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 24064/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de mellora de pavimento e recollida de augas pluviais no campo do Caramuxo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 19.605.431 ptas.

5. Garantías: provisionais: 392.108 ptas.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicita-la documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas. A solvencia técnica acreditarase mediante a presentación da documentación que acredite a totalidade das seguintes circunstancias:

-Experiencia en execución de obras semellantes.

-Ter parque de maquinaria adecuado á obra.

-Posuír canteira de áridos ou contrato firme de subministración.

-Posuír planta de aglomerado en quente nun radio de 50 km de respecto do termo municipal de Vigo.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obrigación de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 16 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

7001