Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE QUIROGA

EDICTO.

Cumprindo o disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que a Comisión de Goberno na sesión celebrada o 30 de xullo de 1998 adxudicou as seguintes obras ás empresas que se relacionan:

-Pavimentación da rúa Froncmil, continuación, polo importe de vinteseis millóns cento corenta mil pesetas (26.140.000)a Aglomerados e Construccións Valdeorras-Acoval.

-Acceso ós núcleos de poboación de Riomaior, Sequeiros e Soldón a José David de la Fuente Díaz polo importe de seis millóns seiscentas mil pesetas(6.600.000).

-Saneamento núcleos de poboación de Vilar de Lor, Paradaseca e Paradela polo importe de cinco millóns cento corenta mil pesetas (5.140.000) a J. David de la Fuente Díaz.

-Abastecemento de auga a Quiroga, Freixeiro, Conceado e Campos de Vila polo importe de seis millóns

setecentas cincuenta e unha mil setecentas corenta pesetas(6.751.740).

Quiroga, 31 de xullo 1998.

Rubricado

7824