Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.663

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

O Concello de Ourol, en sesión plenaria celebrada o día 26 de xuño de 1998, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para cubrir por concurso-oposición unha praza correspondente á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, vacente no cadro de persoal incluído na oferta de emprego público para 1997.

As referidas bases foron publicadas integramente no BOP nº 159, do 13 de xullo de 1998, e o programa

correspondente ó terceiro exercicio do concurso-oposición foi publicado no BOP nº 185 do 13 de agosto de 1998. De conformidade co disposto nelas, establécese un prazo de vinte días naturais, contados desde o siguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado para a presentación de instancias no rexistro xeral da Secretaría do Concello de Ourol, no modelo facilitado nas oficinas municipais, e deberán ir acompañadas da documentación indicada nas bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Ourol, 14 de agosto de 1998.

Guillermo Salgueiro Abad

Alcalde

7827