Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.657

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso, polo procedemento aberto, da elaboración do sistema de identificación e redacción do manual de identidade institucional do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 79.1º e 197 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e de conformidade co modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación, mediante concurso, polo procedemento aberto, da elaboración do sistema de identificación e redacción do manual de identidade institucional do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 9/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do contrato é a elaboración do sistema de identificación e redacción do manual de identidade institucional do Parlamento de Galicia, conforme as determinacións técnicas que se especifican no prego de prescricións técnicas.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: nas dependencias correspondentes do Parlamento de Galicia.

d) Prazo de duración: a entrega farase nun prazo máximo de trinta días naturais, contados desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.500.000 pesetas, incluído o IVE.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do tipo de licitación (50.000 ptas.).

Definitiva: o 4% do tipo de licitación (100.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15702.

d) Teléfono: 981 56 16 00.

e) Telefax: 981 57 10 41.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada na cláusula V do prego de cláusulas administrativas particulares (BOPG núm. 127, do 18 de xullo de 1998).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

-Entidade: Parlamento de Galicia.

-Domicilio: rúa do Hórreo, 63.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: rúa do Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

No BOPG núm. 127, do 18 de xullo de 1998, e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados no rexistro xeral do Parlamento.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1998.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia

7621