Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1998, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a subministración de mobiliario e útiles de laboratorio para o Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección X. de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de mobiliario y útiles de laboratorio.

b) Prazo de execución e data límite de entrega: 1 mes.

c) Lugar de entrega: Centro de Investigacións Mariñas (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

3. Orzamento base de licitación:

Importe total: 4.096.000 ptas., IVE incluído.

4. Garantía definitiva: 4% do orzamento de contratación.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección X. de Formación Pesqueira e Investigación.

b) Domicilio: rúa de Irmandiños, s/n (Salgueiriños).

c) Localidade: 15071 Santiago de Compostela.

e) Teléfono: 981 54 61 52.

f) Fax: 981 54 61 38.

6. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura-edificios administrativos de San Caetano-15071 Santiago de Compostela.

7. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela

d) Data: o sexto día contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 11 horas.

8. Gastos del anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1998.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

7658