Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/203-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Frei Lois Rodríguez.

Situación: Noia.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12720 kV de (3x240) mm Al, de 239 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o centro de transformación (C.T.) alameda e final no C.T. Frei Lois Rodríguez a instalar. C.T. en edificio número 2 da r/ Frei Lois Rodríguez, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Noia.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do

Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 7 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7104