Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 24 de agosto de 1998 Páx. 9.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1998 pola que se sinala a data para o pagamento de depósitos previos e o levantamento das actas de ocupación correspondentes ó expediente de expropiación forzosa para a construcción das obras da Facultade de Ciencias Sociais e do Edificio Universitario de Investigación comprendidos dentro do polígono 1-13-B do plan parcial do Campus Universitario de Elviña, Universidade da Coruña.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude de Decreto 168/1998, do 28 de maio de 1998, acordou declara-la urxente ocupación pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras de referencia.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, esta secretaría xeral resolve convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña, para que comparezan no lugar, data e hora que se establece para proceder ó pagamento dos depósitos previos á ocupación e ó levantamento das correspondentes actas de ocupación que terá lugar o:

Día: 1 de setembro de 1998.

Lugar: sala de comisións nº 2, 1ª planta. Rectorado da Universidade da Coruña. Maestranza s/n. A Coruña.

Hora: 10 horas.

O que se fai público para o xeral coñecemento, advertíndolles ós interesados que o pagamento se fará precisamente os que figuran como donos do predio ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso, debendo aporta-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de figura-lo predio a nome de herdeiros, e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1990)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

7106