Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.620

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN DA UNIDADE DE ACTUACIÓN CENTRO SUR NÚMERO 13 DO PXOU DE LUGO

ANUNCIO.

A Asemblea Xeral da xunta de compensación, celebrada o día 20 de xullo de 1998, legalmente convocada, procedeu á aprobación do proxecto de compensación feito por ela.

Ó abeiro do disposto no artigo 102 da Lei do solo de Galicia establécese un prazo de vinte días de trámite de audiencia, para os interesados poderen formula-las alegacións que sexan convenientes. O citado proxecto atópase exposto no domicilio da xunta de compensación, rúa Progreso número 6, de Lugo.

Lugo, 10 de agosto de 1998.

Manuel Mallo Mallo

Presidente