Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense do día da data, publicáronse íntegros os pregos de condicións do concurso para edición do V volume de Artistas Ourensáns dedicado a Julio Tizón Diz, dous mil (2.000) exemplares cun tipo de licitación á baixa de tres mil cen pesetas (3.100 ptas.) por exemplar.

As ofertas e documentación presentaranse no rexistro xeral desta deputación ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da apertura deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A apertura da documentación terá lugar o día seguinte hábil ás doce horas no pazo provincial. Os pregos de condicións serán facilitados gratuitamente ós que o soliciten no rexistro da Deputación de Ourense, rúa Progreso nº 32, ou por teléfono 988 38 51 00 ou por fax 988 38 51 84.

Ourense, 11 de agosto de 1998.

O presidente

Rubricado

7804