Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 21 de agosto de 1998 Páx. 9.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete á información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 221/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV con unha lonxitud de 0,711 km conorixe na L.M.T. o C.T. Igrexa (expediente 7450) e final no centro de transformación proxectado Igrexa-Vilaboa, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie. Liña de baixa tensión de 0,745 km de lonxitude,

con orixe no C.T. proxectado Igrexa-Vilaboa, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 0,73 km de lonxitude, con orixe no C.T. existente Igrexa (expediente 7450), conduc

tor tipo R.Z. e apoios de formigón. (Expediente 221/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica dos usuarios da zona de Vilaboa (termo municipal de Valdoviño).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 30 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 221/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Igrexa-Vilaboa.Termo municipal: Valdoviño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1MaravillaPradoJosé Fonticova MuíñosSeixidal s/n, 15543 Vilaboa, Valdoviño11165

2MarivillaPradoJosé Díaz MuíñoVilaxe s/n, 15543 Vilaboa, ValdoviñoLat.27

4MaravillaPradoManuel Vigo DíazGarcía Morato 37, 15407 Ferrol1227301

5MaravillaPradoManuel Videla RodríguezVilaxe s/n, 15543 Vilaboa, Valdoviño42630

6/3Coto das BrañasEucaliptalRamón Graña ReyPonzos 39-4, 15404 FerrolLat.9

8O PereiroEucaliptalGuillermo Pita CobaVilaxe s/n, 15543 Vilaboa, Valdoviño43688

9O PereiroEucaliptalBenigno Pita CobaEstrada de Cedeira 67, 15572 Freixeiro, Narón34493

13O PereiroPiñeiralElisardo Vilela PérezO Pereiro s/n, 15543 Vilaboa, ValdoviñoLat.7

16O PereiroPiñeiralElisardo Vilela PérezO Pereiro s/n, 15543 Vilaboa, Valdoviñoœ314324

22IgrexarioPradoHrdos. Nicasio Sanesteban DíazVilarrube-Cruceiro s/n, 15554 Valdoviño27405

23IgrexarioLabradíoDolores Sanesteban

Díaz

Avda. Doctor Fleming s/n, 15402 FerrolC.T.646690

7869