Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 19 de agosto de 1998 Páx. 9.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERREI

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de xullo de 1998, aprobou o expediente de contratación por concurso, en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, das seguintes obras:

1.-Área recreativa e alpendre de romeiros da Caridade.

2.-Área recreativa e campo de xogos tradicionais de Sandín.

3.-Recuperación do forno tradicional de S. Cristivo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Monterrei.

b) Dependencia que tramita os expedientes: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto e lugar de execución:

-Área recreativa e alpendre de romeiros na Caridade.

-Área recreativa e campo de xogos tradicionais en Sandín.

-Recuperación do forno tradicional de S. Cristovo.

c) Prazo de execución:

-Área recreativa da Caridade: seis meses.

-Área recreativa de Sandín: seis meses.

-Forno tradicional de S. Cristovo: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

-Área recreativa da Caridade: 8.506.033 ptas.

-Área recreativa de Sandín: 9.069.236 ptas.

-Forno tradicional de S. Cristovo: 2.475.187 ptas.

5. Garantías.

-Área recreativa da Caridade: provisional 170.121 ptas. Definitiva 340.242 ptas.

-Área recreativa de Sandín: provisonal 181.385 ptas. Definitiva 362.770 ptas.

-Forno tradicional de S. Cristovo: provisonal 49.504 ptas. Definitiva 99.008 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa Fontiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: Monterrei, 32618.

d) Teléfono: 41 80 02.

e) Telefax: 42 57 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincide con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores será a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Monterrei.

2ª Domicilio: rúa Fontiñas, nº 2.

3ª Localidade e código postal: Albarellos, 32618.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manté-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa Fontiñas, nº 2.

c) Localidade: Albarellos.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Monterrei, 23 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

7756