Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 19 de agosto de 1998 Páx. 9.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DO VAL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castrelo do Val. Obra: subministración de formigón e grava de recheo, para pavimentación de camiños en varios núcleos do municipio, correspondente ó Piel 98.

2. Forma de adxudicación: mediante concurso, en procedemento aberto e tramitación de urxencia. Orzamento: 6.185.918 ptas. (IVE incluído).

3. Garantía provisional: 123.718 ptas.

4. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Castrelo do Val, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, no prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG.

Castrelo do Val, 5 de agosto de 1998.

Raúl Fernández Fernández

Alcalde

7436