Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1998 pola que se publica a contratación da subministración de gasóleo C para a calefacción dos centros escolares de EXB, Casa do Concello, auditorio e cemiterio de San Mauro, para a tempada invernal 1998-99.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de gasóleo C para a calefacción de centros escolares de EXB, Casa do Concello, auditorio e cemiterio de San Mauro, para a tempada invernal 1998-99.

b) Lugar de entrega: Casa do Concello.

c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a entregar nos colexios, Casa do Concello, auditorio e cemiterio de San Mauro, no prazo de 24 horas, o combustible que pidan os servicios técnicos municipais, nas cantidades máximas sinaladas na cláusula 2ª do prego, sendo a cantidade final do gasóleo que adquirirá o concello, a que resulte da suma das entregas parciais realizadas pola empresa adxudicataria co límite indicado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento de licitación: 10.302.000 ptas., incluído todo xénero de gastos e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: 206.040 ptas.

b) Definitiva: 412.080 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 10ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo, de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega de subministración.

Pontevedra, 15 de xullo de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7288