Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998 pola que se anuncia o concurso público 5/1998, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de cafetería-comedor da Facultade de Ciencias. (Expediente 4016/1998).

Convócase concurso público polo trámite de urxencia para o servicio de cafetería-comedor da Facultade de Ciencias.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servicios por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas de décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Canon: oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.).

Garantía definitiva: trinta e dúas mil pesetas (32.000 ptas.).

A Coruña, 23 de xullo de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

7744