Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 1998 pola que se anuncia o concurso público 5/1998, por procedemento aberto, para as obras de rehabilitación do pazo de Lóngora para centro de estudios ambientais. Sta. Eulalia de Liáns. Montrove. Concello de Oleiros. (Expediente 3034/1998).

Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para as obras de rehabilitación do Pazo de Lóngora para Centro de Estudios Ambientais. Sta. Eulalia de Liáns. Montrove. Concello de Oleiros.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Eco

nómica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas de décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: 212.462.100 pesetas.

Garantía provisional: 4.249.242 pesetas.

Clasificación: grupo C; subgrupo todos; categoría d; grupo K; subgrupo 7; categoría d.

Prazo de execución: 14 meses.

A Coruña, 23 de xullo de 1998.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

7742