Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Martes, 18 de agosto de 1998 Páx. 9.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador na orde social 96/1998.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándolles que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que

de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 96/1998.

Acta nº: 2.237/1997.

Titular: Construc. Rivera Betanzos, S.L.

NIF/DNI: B-15486103.

Enderezo: r/ Rollo, 13-1º Betanzos (A Coruña).

Materia: S.H.

Data res.: 26-5-1998.

Sanción: 0 ptas.

A Coruña, 20 de xullo de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7475