Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.494

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de mellora do núcleo 12.05 Matoca (Oia).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de abril de 1998, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de mellora do núcleo 12.05 Matoca na parroquia de Oia, redactado polos arquitectos Javier Alonso Davila e Arsenio Piñeiro Santos.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da casa do concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de xullo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7696