En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de de constitución e os estatutos da Asociación de Euro-Lex Internacional que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán ser miembros da asociación os profesionais do dereito en calquera das súas ramas, variantes e vertentes, así como as persoas xurídicas que inclúan no seu obxecto a prestación de servicios xurídicos de calquera clase.
Asinan a acta de constitución: Eva García Valiño e dúas persoas máis.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.
Mª José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
7482