Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 17 de agosto de 1998 Páx. 9.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/393-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Rogelio Iglesias e Hijos, S.A.

Enderezo social: San Cibrán, 2-Aldán, 36940 Cangas.

Denominación: L.M.T. e C.T. en San Cibrán, 2-Aldán.

Situación: Cangas.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 445 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña 13/160 propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. ata o C.T. que se proxecta en San Cibrán, 2-Aldán, concello de Cangas. C.T. de 200 kVA, relación de transformación 20 kV-400 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 29 de maio de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

7712