De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 1 de outubro de 1997 (BOE do 25 de outubro) para a provisión da praza número 97/043 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Química Fundamental e Industrial, a favor de Alberto de Vega Martín, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alberto de Vega Martín, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Química Fundamental e Industrial desta universidade.
A Coruña, 23 de xullo de 1998.
José Luís Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
7353