Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Xoves, 13 de agosto de 1998 Páx. 9.385

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se resolve, con carácter definitivo, a convocatoria de axudas para a formación continua de profesores e formadores de linguas estranxeiras de acordo coa Acción B do Programa Lingua (capítulo 3 do Programa Sócrates).

Realizados os trámites derivados da resolución provisional desta convocatoria, e de conformidade coa Orde do 30 de xaneiro de 1998 (DOG do 11

de febreiro), pola que se convocaban axudas para a formación continua de profesores e formadores de linguas estranxeiras de acordo coa Acción B do Programa Lingua.

Esta dirección xeral resolveu, con carácter definitivo:

Primeiro.-Concederlles axudas ós profesores de linguas estranxeiras que aparecen relacionados no anexo I, pola contía en pesetas correspondente ós ecus que se indican en cada caso, con cargo ós fondos do programa Sócrates, Lingua, Acción B.

Segundo.-Excluí-las solicitudes e denegárlle-las axudas ós profesores relacionados no anexo II desta

resolución, por algunha das seguintes causas, correspondentes ós puntos que se citan, da orde de convocatoria do 30 de xaneiro de 1998:

1. Non estar impartindo na actualidade o idioma para o que solicita a actividade de formación, non ter tres anos de docencia en linguas estranxeiras ou non ser docentes en centros públicos ou privados de acordo coa normativa vixente. Punto segundo.1.1.

2. Ter desfrutado dun reintegro económico individual de gastos para asistir a actividades de formación durante o ano 1997 ou durante 1998. Punto segundo.2. b)

Non existen candidatos suplentes.

Terceiro.

1. O pagamento efectivo da totalidade da axuda faráselle á persoa interesada unha vez realizada a actividade. Para iso, remitirá os seguintes documentos á Agencia Sócrates (Bravo Murillo, 38. 28015 Madrid), dentro dos vinte días naturais seguintes ó da finalización da actividade:

a) Fotocopia compulsada do certificado de asistencia ó curso no que se especifiquen as datas de realización e o número total de horas lectivas.

b) Fotocopia compulsada das facturas ou documentos que xustifiquen a inscrición e os gastos do curso, nos que se especifique o importe do gasto realizado.

c) Declaración da persoa interesada manifestando se é ou non beneficiaria doutra axuda ou bolsa procedente de calquera administración ou ente público nacional ou internacional, con especificación, se é o caso, da contía e finalidade.

2. Os beneficiarios remitiranlle, así mesmo, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de FP (San Lázaro, 107, 15771 Santiago de Compostela) unha copia dos seguintes documentos:

a) Cuestionario debidamente cuberto segundo modelo que figura no anexo III desta resolución ó que deberá xunta-lo programa do curso.

b) Fotocopia compulsada do certificado de asistencia e o número total de horas lectivas.

c) Declaración da persoa interesada manifestando se é ou non beneficiaria doutra axuda ou bolsa procedente de calquera administración ou ente público nacional ou internacional, con especificación, se é o caso, da contía e finalidade.

3. Calquera alteración das condicións tidas en conta para as concesións das axudas e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

4. As persoas beneficiarias da axuda estarán obrigadas a facilitar canta información lles sexa requirida polo organismo competente, quedando sometidas ás actuacións de control financeiro que corresponda á Intervención Xeral da Administración do

Estado e ás de comprobación que poida efectua-lo Ministerio de Educación e Cultura.

Cuarto.-Contra a presente resolución as persoas interesadas poderán interpoñer, no prazo dun mes, recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional

ANEXO I

Relación de profesores seleccionados

DNIApelidos e nomeEcus

35.435.517Abalo Crespo, María del Carmen1.100
32.760.926Arambillet Salvador, Esperanza1.300
32.386.151Armas Munín, Manuel1.100
34.919.508Blanco Madernaz, Antonio 939
33.188.756Brandariz García, María Concepción1.500
34.920.251Cid Suárez, Purificación1.500
35.285.609Dacal Redondo, Susete María1.100
32.640.585Díaz-Robles Iglesias, Eva María1.100
34.598.682Fernández Estévez, María de la O1.100
34.928.777Fernández Martínez, Rosa1.100
33.991.745Fernández Parratt, Ana1.100
32.650.309Fernández-Castro Cancela, Ignacio Javier1.100
34.905.194Ferreiro Pérez, Encarnación1.100
76.793.019Gago Louzao, Ángeles1.500
11.403.062Gallego Rodríguez, Julia1.100
76.318.069García Pereiro, María del Pilar 1.100
34.726.973González Álvarez, Francisca Teresa1.100
09.767.464Linares-Rivas de Eguíbar, María del Camino1.100
33.268.619Liste Noya, Marisol1.100
34.984.231López Luis, Inmaculada1.100
35.309.389López Ruibal, María Jesús1.100
33.855.403Lorenzo Rego, Engracia1.100
33.302.580Maciñeiras Montero, María del Carmen1.100
33.813.579Maseda Cociña, María Jesús1.096
34.945.720Méndez Muñoz, Belén María1.100
33.237.787Mourelle Mosqueira, María Lourdes1.300
33.850.304Muñoz Meilán, María Jesús1.100
33.318.945Murado Bouso, Xosé Luis1.500
32.791.027Núñez Rial, Susana1.100
35.304.891Pais López, Elisa1.275
02.468.451Pernas Sabio, María Teresa1.100
33.841.343Prado Castro, Santos María1.300
76.343.040Robado Gaudeoso, María Paz1.500
09.749.567Sánchez Fernández, Andrés1.500
32.596.970Sanjurjo Bermúdez, Pilar1.100
32.771.314Soto Rego, Felisa1.100
09.280.482Trevejo Alonso, Francisco José1.300
76.349.044Trillo Nodar, María Soledad1.393
34.907.566Vázquez Domínguez, Rita1.100
33.253.377Vázquez López, María Alejandra 1.100
35.555.639Verde Moreira, José Antonio1.500
33.840.106Viña Real, María del Carmen1.100

ANEXO II

Excluídos

DNIApelidos e nomeCausa

36.102.272Amosa Pereiro, Ana María1.1
76.892.955Blanco Lamosa, María Sol1.1
34.602.840Franco Paz, María Victoria1.1
33.324.202Méndez Álvarez, María Jesús1.1
34.958.552Rodríguez Alonso, Ana Gloria2
36.060.395Toural Rodríguez, María Cristina1.1

Programa Sócrates, Lingua, Acción B.

Cuestionario de avaliación.

Datos para estatística.

Datos xerais do participante (sinale o que corresponda).

* Tipo de ensino: PúblicaPrivadaConcertada

Institución educativa á que pertence: Primaria, 7º-8º, EXB, BUP, FP, ESO, EOI.

Outras: (especifique)

* Cargo que ocupa no centro: director/a, xefe de estudios, secretario/a, profesor/a, titor/a.

* Idade: 20-29, 30-39, 40-49, máis de 49.

* Sexo: MF

* Número de anos de experiencia docente:

* Número de anos de experiencia como profesor de idiomas:

* Número aproximado de cursos, seminarios, grupos de traballo relacionados co idioma ós que asistiu:

Datos xerais do curso.

* Aloxamento: (sinale o que corresponda).

Familia

Residencia

Outros: (especificar)

* ¿Xestionou vostede mesmo o aloxamento ou foi xestionado polo centro organizador?

* Horario: (achege un programa ó cuestionario).

* Actividades extraescolares: (especifique as que realizou e que formaban parte do programa do curso).

7369