Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA de obras sétima relación RVL de 1998.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ás doce horas do décimo terceiro (13º) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás doce horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso nº 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Relación de obras: nº/ denominación/ concello/ prazo de execución/ orzamento/clasificación.

-392/POL/98, CV 1 Sandiás-Ponte Liñares, en Sandiás, 4 meses, 30.000.000 de ptas., G-6-d.

-42/ 98, CV 345 Cenlle-Val de Pereira, en Cenlle, 4 meses, 30.000.000 de ptas., G-6-d.

-45/98, CV 368 San Cibrao de Las-Ourantes, en San Amaro e Punxín, 4 meses, 30.000.000 de ptas., G-6-d.

-435/POL ADC/94-97 CV Sobradelo-Robledo, p.k. 0,3-1,2, en Carballeda de Valdeorras, 5 meses, 20.000.000 de ptas., A-1-c.

-439/POL ADC/94-97 CV Ponte Gozos-Parada de Sil, p.k. 20,3-22, en Nogueira de Ramuín, 5 meses, 37.860.000 ptas., A-1-b ; G-4-c.

Ourense, 1 de agosto de 1998.

O presidente

Rubricado

7097