Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO do avance do plan xeral de ordenación municipal.

En cumprimento do establecido no artigo 41.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o Pleno da Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de xullo, acordou, entre outros extremos, o seguinte:

1. Abrir un período de información pública dun (1) mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia do avance do plan xeral de ordenación municipal de Lousame. Durante este período as entidades, particulares e interesados en xeral poderán examina-lo documento en secretaría desde as 8 ata as 14 horas e presenta-las súas suxestións, propostas ou convenios urbanísticos que coiden procedentes.

2. Non suspende-la concesión de licencias urbanísticas, agás a acordada en sesión do día 30 de marzo do presente ano respecto da zona do río Vila

cova (Diario Oficial de Galicia nº 87, do 8 de maio) que se mantén e ratifica.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Lousame, 20 de xullo de 1998.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde

7622