1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.
b) Número de expediente: O98/53.
2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de sinalización horinzontal na zona sur da rede viaria municipal.
Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 35.000.000 de ptas. (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, remantando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposición económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de sinalización horizontal na zona sur da rede viaria municipal».
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 16 de xullo de 1998.
O alcalde
P.D.
Rubricado
7623