Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Mércores, 12 de agosto de 1998 Páx. 9.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/255-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., R.B.T., C.T. 100 kVA en Fontenlos e Entíns.

Situación: Outes.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos tubulares e de formigón e con conductor LA-56: de 1.627 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Coiradas e remate no C.T. Fontenlos, que se vai instalar; de 98 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 8 da liña anterior e remate no C.T. Entíns, que se vai instalar. Centros de transformación aéreos, sobre apoios de formigón, de 100 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Fontenlos e Entíns, dos que parten redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 545 m e 655 m respectivamente. Serra de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de xullo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7296