Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Martes, 11 de agosto de 1998 Páx. 9.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: 58/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: urbanización da rúa Eduardo Pondal de Cariño.

b) Lugar de execución: Cariño.

c) Prazo de execución (meses): tres.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: doce millóns oitocentas corenta mil pesetas (12.840.000), IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 256.800 ptas.

Definitiva: 513.600 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Cariño.

Enderezo: praza da Pulida, s/n.

Localidade e código postal: 15360 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64.

Fax: 981 40 50 29.

7. Clasificación do contratista:

Clasificacion: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en horario das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación de obras mediante concurso con procedemento aberto do Concello de Cariño, BOP nº 207, do 7-9-1996.

Sobre B, subtitulado «Documentación», e C subtitulado «Referencias técnicas», coa documentación esixida na cláusula 11.3 do prego-tipo mediante concurso do Concello de Cariño anteriormente especificado.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Cariño (rexistro xeral).

2ª Enderezo: praza da Pulida, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura das proposicións (artigo 90º LCAP).

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos dos anuncios:

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Cariño, 30 de xuño de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

7114