O Concello Pleno, en sesión do 12 de xuño de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para o cuarteirón 13 do polígono de Los Rosales, coa parcelación contida nel, presentado por Promociones Antonio Ares Pardo, S.L.
O que se fai público significando que contra o acordo que se traslada cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal a propósito de interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo.
A Coruña, 23 de xuño de 1998.
O alcalde
P.D.
Salvador Fernández Moreda
7083